miércoles, 21 de noviembre de 2012

martes, 20 de noviembre de 2012

REMATARON OS PBL


Unha vez rematados os PBL podemos avaliar como moi positiva a experiencia. Houbo traballos moi bos e outros non tanto, como é lóxico, no obstante o resumo xeral é satisfactorio. Na parte  teórica destacaron algúns xogos inventados, factor a ter en conta na hora de avaliar os traballos, e na parte práctica o sentir xeralizado das dificuldades que conleva a profesión de  profesor. Os alumnos chegaron a conclusión de que ser docente non é sinxelo, manter a atención da clase, explicar os exercicios e levalos a práctica puxo de manifesto que a paciencia e  o control dos alumnos son factores esenciais. asimesmo é xusto comentar que pese a inesperiencia dos alumnos houbo "mestres" que ademáis de controlar moi ben ó grupo,  incluso puxeron castigos ós alumnos menos disciplinados.

Pola miña parte satisfeito e convencido de que os próximos PBL sairán ainda mellor. Noraboa!

PBL PRIMEIRA AVALIACIÓN

Os alumnos da ESO terán que facer un PBL nesta primeira avaliación. Consistirá na realización e posta en práctica dunha sesión de xogos cooperativos. Para iso non so terán que traballar en grupo investigando, inventando e recopilando xogos de tipo cooperativos, senón que tamén vivirán a experiencia de ser docentes diante dos compañeiros do seu curso. A ver qué tal sale a experiencia, xa vos iremos contando ó respccto.