martes, 19 de febrero de 2013

D3 CLASIFICACIÓNS BALONCESTO

Logo de disputarse tódalas xornadas de D3 de baloncesto así foron os gañadores. No grupo de 1º e 2º da ESO gañaron os Vigo Monckeys composto por Alvaro de Prado, Alberto Román, Javi Román, Pablo Maceiras, Cristina Alonso e Lelisé López, todos eles alumnos de 1º da ESO, que venceron brillantemente en tódolos partidos que xogaron.
No grupo dos maiores gañaron os Oldies Goldies, equipo composto por mestres, que venceron nunha final disputada ós Cigarróns de 4º da ESO.
O ambiente de tódolos partidos foi inmellorable e a experiencia totalmente positiva, o seguinte deporte o beisbol, ATRÉVESTE?

martes, 12 de febrero de 2013

D3 BALONCESTO 3º Y 4º ESO

O calendario de competición pode ser descargado aqui. Haberá un total de oito equipos (podes descargalos aquí), repatidos en dous grupos de catro, dos que o campión salerá dos dous primeiros clasificados de cada grupo, que xogarán semifinais e finais.Os partidos xogaranse os martes e xoves e  haberá un responsable (alumno/a de 4º ESO) encargado de repartir o material (balóns, petos, etc...), levar o rexistro do resultado final e informar ó profesor de calquera cuestión que teña que ver coa organización do campionato, en ningún caso arbitrarán, sendo esta labor dos propios participantes.

D3 BALONCESTO 1º E 2º DA ESO


Comeza xa o D3 de baloncesto, foi todo un éxito o número de equipos inscritos, descárgaos aquí. O calendario de competición pode ser descargado aqui. Cada partido xogarase ou luns ou mércores e terá un responsable (alumno/a de 4º ESO) encargado de repartir o material (balóns, petos, etc...), levar o rexistro do resultado final e informar ó profesor de calquer cuestión que teña que ver coa organización do campionato, en ningún caso arbitrarán, sendo esta labor dos propios participantes. O sistema de competición terá dous grupos, dos cales sairán dous clasificados (primeiro e segundo) que se enfrentarán nas semifinais, finais e terceiro e cuarto posto. Esperamos o bo desenvolvimento da actividade. Boa sorte a tódolos participantes.

viernes, 1 de febrero de 2013

PBL 2ª AVALIACIÓN PARA 1º E 2º DA ESO.

A continuación incluímos a información relativa ós PBL da segunda avaliación para 1º e 2º da ESO:

1º ESO. OS XOGOS POPULARES
Cada grupo, dos feitos en clase, realizará unha investigación sobre os distintos xogos populares galegos. A parte teórica constará da presentación de catro xogos populares galegos, un por cada ficha (descarga aquí), precedida dunha portada co nome tódo-los integrantes do grupo. A parte práctica consistirá en levar a cabo un dos xogos presentados na sesión práctica.
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Luns, 25 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos (1 punto parte teórica e 1 punto parte práctica)

2º ESO: COÑECE UN DEPORTE
Cada grupo investigará e fará unha exposición sobre as distintas modalidades deportivas propostas:
GRUPO 1:BEISBAL
GRUPO 2:BOWLING
GRUPO 3: FLOORBAL
GRUPO 4:BADMNINTON
GRUPO 5: VOLEIBAL
GRUPO 6: BALONMÁN
GRUPO 7:  KINBAL
Os traballos terán os seguintes apartados:

1. ORÍXES DO DEPORTE
2. PRINCIPAIS ASPECTOS REGULAMENTARIOS
3. MATERIAIS NECESARIOS
4. VARIANTES EXISTENTES DO DEPORTE
5. IMPORTANCIA EN ESPAÑA E NA NOSA COMUNIDADES

TRABALLO DE EXPOSICIÓN: 10 minutos máximo, axeitado o uso de recursos audiovisuais (video, fotos, powerpoints, etc...)
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Luns, 25 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos (1 puntos parte teórica+1punto exposición en clase)

PBL 2ª AVALIACIÓN PARA 3º E 4º DA ESO

3º ESO.
GRUPO 1. A RELAXACIÓN E A RESPIRACIÓN
Apartados:
1. DEFINICIÓNS DE CONCEPTOS
2. OBXECTIVOS DA RELAXACIÓN
3. BENEFICIOS
4. REQUISITOS
5. O METODO JACKOBSON E APLICACIÓN PRÁCTICA
GRUPO 2. O QUECEMENTO
1. CONCEPTO
2. OBXECTIVOS
3. EFECTOS
4. TIPOS, METODOLOXIA E DURACIÓN APROXIMADA
5. APLICACIÓN PRÁCTICA
GRUPO 3. O SENDEIRISMO
1. CONCEPTO
2. BENEFICIOS
3. TIPOS DE SENDEROS, MATERIAL E VESTIMENTA ADECUADA
4. SINALIZACIÓNS
5. REALIZACIÓN DUN PERCORRIDO (POLO CASTRO)
GRUPO 4. OS ESTIRAMENTOS
1. DEFINICIÓN
2. OBXECTIVOS
3. PAUTAS METOLOXÍCÁS
4. TIPOS DE ESTIRAMENTOS
5. REALIZAR UNHA TÁBOA DE ESTIRAMENTOS
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Martes, 26 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos

4º ESO. AS CAPACIDADES FÍSICAS
GRUPO 1. A FORZA
GRUPO 2. A RESISTENCIA
GRUPO 3. A VELOCIDADE
GRUPO 4. A FLEXIBILIDADE
Cada grupo investigará e fará unha exposición sobre as capacidades físicas, seguindo os seguintes apartados:
1. DEFINICIÓN
2. TIPOS
3. FACTORES DETERMINANTES
4. EVOLUCIÓN Ó LONGO DA VIDA
5. BENEFICIOS DO TRABALLO E SISTEMAS DE ADESTRAMENTO
6. EXEMPLO DE SESIÓN PARA CLASE
DATA LÍMITE DE ENTREGA. Martes, 26 de febreiro
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN. 2 puntos