jueves, 24 de octubre de 2013

NOVEMBRO DATA DE COMEZO DO D3



Logo do remate do prazo de inscrición dos equipos do D3, xa está todo preparado para comezar coa modalidade do balonmán. Salientar que a participación dos alumnos foi todo un éxito. Nos seguintes enlaces atoparás tódala informacion ó respecto:
A disfrutar!!!

UNHA GRATA EXPERIENCIA

Esta semana tivemos a sorte de volver visitar o AMFIV, club vigués de baloncesto en cadeira de rodas. O club leva máis de trinta favorecendo a total integración e a igualdade social mediante a práctica deportiva.
O encontro tivo lugar no pavillón de Bouzas, onde o gran nivel de complicidade entre alumnos e xogadores e o bo ambiente que se respirou foron salientables.
Á nosa chegada, recibíronnos os propios xogadores e o relacións públicas do club, Nacho, a quen lle agradecemos a súa simpatía e amabilidade. Deseguido, pasamos á quenda de presentacións, onde os xogadores nos falaron da súa historia persoal, a discapacidade que posuían e a súa traxectoria deportiva. Cómpre destacar que entre os xogadores había participantes en campionatos europeos, mundiais e paraolimpíadas.
Coñecemos e repasamos os aspectos regulamentarios máis salientables do baloncesto en cadeira de rodas dun modo teórico-práctico: cando os xogadores fixeron un 4x4, todo parecía moi sinxelo, xa que os movementos realizábanse á máxima velocidade e con total coordinación. Tocoulles a quenda ós rapaces: as cadeiras nas que se desprazaban eran dun material altamente tecnolóxico, cun custo aproximado de entre 1.500 e 6.000 euros, e manexalas fíxose unha tarefa complexa. Pero quedaba o máis difícil: engadir o balón e coordinar todos os elementos. Aínda así, houbo casos nos que o manexo dalgúns alumnos foi notable, e incluso os profesores do colexio participaron e gozaron da actividade. 
Consideramos que esta actividade ten un gran interese dende o punto de vista formativo. Así mesmo, ter a posibilidade de compartir unha xornada con estes xogadores, que son un exemplo de superación e amor polo deporte, non ten prezo.
No seguinte enlace atoparás as fotos da excursión: 

jueves, 17 de octubre de 2013

Ó BALONMÁN XÓGASE COA CABEZA

O seguinte vídeo é unha aportación de Álvaro de Prado, alumno da ESO, que atopou na rede a seguinte acción, nada frecuente neste deporte.

viernes, 11 de octubre de 2013

EXCURSIÓN Ó GALIÑEIRO


O mes de outubro regalounos un día espectacular que aproveitamos para facer unha excursión ó monte do Galiñeiro, un dos cumios máis altos da nosa provincia. Alumnos de 2º e 3º da ESO, acompañados polos mestres Antonio e Jota fixeron un ruteiro de sendeirismo e unha iniciación á escalada que gustou moito a tódolos asistentes. Logo dunha camñata que durou unha hora e media subimos ó cúmio do monte, onde fomos agasallados cunhas vistas sin igual, podendo ver casi o fin das rías baixas ata Fisterra,




Dividiuse ó grupo en dous e mentres uns facían sendeirismo outros escalaban nunha vía axeitada ó nivel dos rapaces. 
Foi unha xornada extraordinaria onde os alumnos, profesores e monitores conviviron e pasaron un día fenomenal. 
A atención dispensada polos monitores do Clube Montañeiros Celtas foi sobresainte tanto na atención ós rapaces como na organización da actividade.
Desexamos que esta saida sexa un fixo na nosa programación de Educación Física nos vindeiros anos.

martes, 8 de octubre de 2013

O D3 COMEZA11

Comunidade do Colexio Labor, o D3 comeza!,
Premendo nos seguintes enlaces tedes toda a información:


-Normas de competición.
-Ficha de inscrición.

Inscribídevos enviando por mail a vosa ficha debidamente cumprimentada  antes do 18 de outubro..

Comezaremos con balonmán. Animádevos a participar e pasar uns momentos divertidos facendo deporte. Vémonos!!

martes, 1 de octubre de 2013

PBL 1ª AVALIACIÓN 4º ESO

Nesta entrada tedes disponible a información referente ó PBL da primeira avaliación. Preme a continuación

PBL 1ª AVALIACIÓN 3º ESO

Nesta entrada tedes disponible a información referente ó PBL da primeira avaliación. Preme a continuación