viernes, 27 de enero de 2017

2ª AVALIACIÓN. PBL 3º ESO

PBLèCreación dun deporte combinando elementos de tres ou máis deportes.
OBXECTIVOèDar a coñecer aos compañeiros unha modalidade deportiva que sexa o resultado de misturar tres ou máis modalidades xa coñecidas.
a) Decidir e escoller as modalidades deportivas (tres ou máis) das que se nutrirá a noso deporte resultante. Poderemos tomar aqueles elementos que consideremos máis interesantes (número de xogadores, duración, campo de xogo, aspectos regulamentarios, materiais, formas de tanteo, etc…).
b) Unha vez teñamos os elementos máis importantes os misturaremos para crear o deporte inventado final, crearemos un regulamento básico de xogo (duración, partes, qué se e non se pode fecer, como se consigue gañar, sancións, faltas, etc…) e bautizaremos o noso deporte cun nome fácil, orixinal e pegadizo.
c) A parte final será facer unha presentación en powerpoint na que se dará a coñecer o noso deporte, é importante que todos os compoñentes do grupo participen na exposición.
INFORMACIÓN DE INTERESE
·         O PBL farase respectando os grupos de Olimpíadas; é un traballo en grupo no que teremos que funcionar como colectivo, tomaremos decisións conxuntas e trataremos de dividir funcións.
·         Será en galego.
·         O PBL é OBRIGATORIO. A partires do 13 de febreiro realizaranse, por sorteo, as quendas de exposición.
·         A puntuación do PBL será ata un 30% da nota final (ata 3 puntos) e ademais puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§  Mellor traballoèata 5 barras
§  2º mellor traballoèata 3 barras
§  3º mellor traballoèata 2 barras

§  4º mellor traballoèata 1 barra

No hay comentarios:

Publicar un comentario