viernes, 27 de enero de 2017

2ª AVALIACIÓN. PBL 4º ESO

PBLèCreación dun deporte.
OBXECTIVOèDar a coñecer unha modalidade deportiva inventada e orixinal ao resto dos compañeiros.
FASES:
a) Decidir e escoller aqueles elementos que formarán parte da nosa proposta deportiva. Será importante que sexan orixinais pero que ao mesmo tempo poidan ser levados á práctica, é dicir, os materiais, espazos onde se desenvolva a actividade e as normas sexan factibles.
b) Unha vez teñamos os elementos máis importantes crearemos un regulamento básico de xogo (duración, partes, qué se e non se pode fecer, como se consigue gañar, sancións, faltas, etc…) e bautizaremos o noso deporte cun nome fácil, orixinal e pegadizo.
c) A parte final será facer un vídeo no que se “presentará” o noso deporte. A idea e darlle o formato máis impactante, elegante e espectacular posible, para iso poderemos empregar musica, voz en off, imaxes reais ou debuxos, repeticións, zooms, etc…
INFORMACIÓN DE INTERESE
·         O PBL farase respectando os grupos de Olimpíadas; é un traballo en grupo no que teremos que funcionar como colectivo, tomaremos decisións conxuntas e trataremos de dividir funcións.
·         Será en galego.
·         O PBL é OBRIGATORIO. A partires do 14 de febreiro realizaranse, por sorteo, as quendas de exposición.
·         A puntuación do PBL será ata un 30% da nota final (ata 3 puntos) e ademais puntuará para a Olimpíada do seguinte modo:
§  Mellor traballoèata 5 barras
§  2º mellor traballoèata 3 barras
§  3º mellor traballoèata 2 barras

§  4º mellor traballoèata 1 barra

No hay comentarios:

Publicar un comentario